A black-and-white cookie, ou half-and-half cookie, é unha galleta mol como un biscoito que leva nunha metade unha cobertura de fondant de vainilla e na outra de fondant de chocolate. É semellante á neenish tart, coa diferenza que esta vai cun recheo de crema, e a black-and-white cookie non.
Considérase unha sobremesa típica de Nova York[1] que non se ha confundir coa half moon cookie, típica de Nova Inglaterra, de feitío semellante mais a súa receita é diferente.[2] A súa orixe é descoñecida.[3] En Alemaña existen unha galletas iguais, chamadas Amerikaner pero non se sabe de certo se proceden das americanas ou teñen outra orixe.[4]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search